A Catedral de Santiago acolle a representación do Ordo Prophetarum, un drama litúrxico medieval

O espectáculo comezará ás 22h. no Pórtico da Gloria

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Hoxe ás 22h. poderase asistir na catedral de Santiago a un espectáculo único: a representación anual do Ordo prophetarum, a Profesión dos profetas. É un drama litúrxico do século XII que se representaba na época medieval nas catedrais e igrexas de Europa. Durante unha hora e media, músicos e cantantes vestidos coas figuras e réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria representarán esta vella obra musical. Un equipo de especialistas en música medieval dirixido por Francisco Luengo e composto por músicos das agrupacións Malandança, Rosa Antigua, Ars Combinatoria e a Capela Musical da Catedral de Santiago interpretarán esta obra. Se non podes asistir, aquí podes ver a gravación que o CCG realizou dunha das primeiras representacións que se fixo na Catedral de Santiago.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Espectáculo, Pórtico da Gloria...