A Catedral de Santiago acolle o día trinta a representación única do "Ordo Prophetarum" un drama litúrxico medieval

A visita dos profetas

26/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O "Ordo Prophetarum", um drama litúrxico do século XII, poderá verse no escenario único da Catedral de Santiago o vindeiro día trinta. A representación, que simula unha homilía na que San Agostiño convoca os profetas para que dean testemuño da divindade de Cristo, está dirixida por Francisco Luengo e corre por conta da Sociedade de Xestión Xacobeo e máis do concello de Santiago. O evento fai parte da celebración dos vinte e cinco anos da declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.

Máis información en Galicia Hoxe e en Compostela Cultura

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Xacobeo, Patrimonio da Humanidade...