No marco dos actos polo 800 aniversario da Catedral de Santiago, o Consorcio acaba de publicar o Libro de órgano de Melchor López (1781). A obra recolle as únicas pezas para este instrumento do que foi mestre de capela da Catedral de Santiago entre 1784 e 1822 canda a pezas que transcribiu doutros autores durante a súa estancia no Colexio de Cantores do Rei en Madrid, antes de se incorporar ao seu posto en Compostela. Para alén desta obra, transcrita e estudada por Marco Brescia, tamén se editará un disco cunha selección das pezas, gravado na propia Catedral no pasado mes de xullo.
Os interesados en coñecer o son do traballo de López terán a ocasión nun concerto que se celebrará na propia catedral o sábado 19 de novembro a partir das 21 horas, e no que Bruno Forst será o organista.
Na presentación deste traballo o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, lembrou a importancia do Consorcio como "única institución" que pode abordar proxectos deste tipo e salientou a necesidade de que a entidade "conte cos compromisos necesarios para que todo o traballo que se vén facendo continúe. Recentemente producÃrase unha polémica pola posible redución do apoio da Xunta de Galicia ao Consorcio.