Un disco recupera a música medieval da Catedral de Ourense

O selo Armonía Universal prevé continuar a serie con pezas doutros arquivos galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

La música medieval en Ourense é o título do disco que acaba de publicar o selo Armonía Universal desde a Cidade das Burgas. O CD recolle dezaoito pezas de cántico gregoriano recuperadas dos arquivos da catedral, do arquivo diocesano e mais do Histórico Provincial. As pezas foron gravadas en Roma polo coro Gregoriani Urbi Cantores, e supoñen o comezo dun proxecto que esta discográfica quere estender ao resto das catedrais galegas. O obxectivo dos responsables desta iniciativa é publicar estudos científicos sobre a música que se conserva nestes espazos e editar posteriormente discos recollendo este material.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, Cidade das Burgas, Roma

Claves

Conceptos