A Filarmónica de Vigo celebrará o seu centenario con Marcial del Adalid

Deustsche Grammophon editará un disco conmemorativo do compositor en 2015

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Sociedade Filarmónica de Vigo conmemorará o seu centenario en 2015 coa gravación dun disco con pezas de Marcial del Adalid, un dos principais compositores de música culta de Galicia. O pianista Mario Prisuelos realizará unha selección de pezas que serán gravadas no Auditorio de Galicia e que serán editadas polo selo alemán Deustsche Grammophon, un dos máis relevantes no ámbito da música culta. A Consellería de Cultura colaborará economicamente no proxecto.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Tender pontes Soas

Rosa Cedrón e Cristina pato fusionan música culta e tradicional en Soas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcial, Vigo, Consellería de Cultura, Auditorio de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares