Un disco recupera o traballo para piano de Marcial del Adalid

Mario Prisuelos interpreta os temas de Adalid. El piano romántico

23/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: música
28 lecturas | Compartido 0 veces

A Sociedade Filharmónica de Vigo celebrou esta fin de semana o seu centenario. No marco das conmemoracións estaba o concerto de presentación dun disco moi especial. Adalid. El piano romántico recolle unha selección de obras para este instrumento do compositor galego Marcial del Adalid intepretadas polo madrileño Mario Prisuelos. O volume, inclúe primicias como o primeiro rexistro sonoro dun caderno de seis romanzas sen palabras titulado Soirées d’automne à la ferme. A gravación do disco realizouse no Auditorio de Galicia e Universal foi a discográfica responsable da publicación. O álbum conta cun libreto en galego, inglés e castelán e sae á luz coa colaboración da Consellaría de Cultura.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcial, Auditorio de Galicia, Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)