A RAG publica en aberto o fondo Marcial del Adalid

É unha fonte fundamental para coñecer a música culta galega do XIX

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A RAG publica en aberto o fondo Marcial del Adalid

A Real Academia Galega presentou hoxe a posta a disposición pública nunha web do seu fondo de partituras e outros materiais do compositor Marcial del Adalid (A Coruña, 1826 - Oleiros, 1881). Trátanse de 300 títulos coñecidos, dos que se ofrece a dixitalización xunto con materiais como fotografías, arquivos multimedia, publicacións da propia RAG e outras referencias. O sitio permite acceder aos seus autógrafos musicais, acompañados do estudo Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, da musicóloga Laura Touriñán, no que se analiza todo este valioso fondo. O arquivo de Marcial del Adalid permite comprender mellor o ambiente musical do Rexurdimento galego e dos seus compositores.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcial, Real Academia Galega, Rexurdimento, Oleiros...

Claves

Protagonistas
Conceptos