Tender pontes Soas

Rosa Cedrón e Cristina pato fusionan música culta e tradicional en Soas

24/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dúas das artistas femininas máis destacadas do ámbito da nosa música tradicional únense nun novo proxecto. O CD Muller supón a presentación de Soas, a iniciativa conxunta de Cristina Pato e Rosa Cedrón. Nas 14 faixas do disco, editado no selo Fol Música de BOA, atopamos unha unión de letras vencelladas á tradición e á poesía do país cunha instrumentación máis achegada á música culta. Pianos, arranxos orquestrais ou violíns acompañan letras como Unha noite na eira do trigo de Curros Enríquez, Pomba dourada de Álvaro Cunqueiro ou mesmo Máis amor, texto de Yolanda Castaño. O disco conta coa colaboración da Bratislava Symphony Orchestra dirixida por David Hernando. As dúas músicas fálannos deste proxecto, que poderemos ver en xira a vindeira primavera, mentres o disco xa está dispoñible nas tendas.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Rosa Cedrón, Yolanda Castaño, Álvaro Cunqueiro...