Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega

Trátase dun concerto que a Banda Batallón Mérida de Ourense deu en 1929

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega

Concerto na Alameda. 1929 é o título do disco que acaba de publicar Ouvirmos e que recupera as que, segundo asegura a discográfica, son as primeiras gravacións dunha banda de música en Galicia. En total son dez pezas que inclúen pasodobres, muiñeiras ou jotas, así como as pezas Leria... Leria de Brage e a muiñeira Flor de Cardo de Ricardo Courtier. As cancións foron interpretadas por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e saíron editadas pola casa Regal. O volume está dispoñible exclusivamente en formato dixital no marco da colección A tiracolo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)