Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses

A discográfica presentou onte o volume Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollía onte a presentación do último lanzamento da discográfica Ouvirmos no marco da súa colección A Tiracolo. O libro-CD Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918 recolle en 188 páxinas a biografía desta histórica formación lucense da mana de Ramón González González. O disco inclúe ademais vinte temas entre os que se atopan os primeiros que se gravaron na provincia, en 1918. Entre eles, unha gravación tan importante como o primeiro rexistro sonoro do Himno Galego. O volume complétase cunha segunda xeira de gravacións realizada dez anos despois.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)