O XIII Premio Opinión Andaina Senlleira, que se outorga no marco dos Premios Opinión de Música de RaÃz, ten xa nome. A organización dos galardóns acordou recoñecer neste ano a histórica agrupación lucense Cántigas e Frores como "un referente musical" do paÃs. Nada en 1948 a integrar as agrupacións Frores e Silveiras e Cantigas e Aturuxos, a entidade mantén unha escola de música e baile tradicional con preto de 300 persoas inscritas en grupos de gaita, percusión, baile, canto tradicional, acordeón, violÃn, ou zanfona.
A entrega do premio farase no marco da gala dos Premios Opinión, que se trasladou ao vindeiro 29 de setembro por mor da crise sanitaria. O encontro contará coas actuacións de Quinta San Vitorio, Belém Tajes e Lilaina e un feche a cargo do Cuarteto Caramuxo.