O Teatro Principal da Estrada acolleu onte o acto de entrega dos XXXIV Premios San Martiño de Normalización LingüÃstica, uns galardóns organizados desde o propio concello e dirixidos a todas aquelas persoas e entidades comprometidas coa difusión da lingua e da cultura galegas. Este ano recibiron este recoñecemento polo uso, promoción e difusión da lingua galega o grupo empresarial estradense Valenciaga, dedicado á hostalerÃa, na categorÃa de Comarca Tabeirós-Terra de Montes, mentres que o narrador, escritor e dinamizador cultural lalinense Celso SanmartÃn recibiu a distinción no apartado 'Galicia enteira'. Pola súa banda, a agrupación tradicional lucense Cántigas e Frores foi premiada co galardón por 'Unha vida enteira' pola súa preservación da cultura galega ao longo de 75 anos. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, ex-alcalde da Estrada acudiu e participou do acto.