As Tanxugueiras recibirán o Premio San Martiño de Normalización LingüÃstica na categorÃa Galicia Enteira. Estes recoñecementos convocados anualmente pola Asociación Cultural O Brado da Estrada para premiar a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego chegan este ano á súa 31ª edición. O Padroado dos galardóns comunicou onte o fallo das tres categorÃas. O premio Toda unha vida, que recoñece unha labor continuada de defensa e promoción lingüÃstica vai neste caso para a estradense Mercedes Brea López (A Estrada , 1950), catedrática xubilada de FiloloxÃa Románica na universidade de Santiago de Compostela e estudosa da lÃrica galego-portuguesa no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. No Premio á difusión da lingua na propia comarca de Tabeirós Terra de Montes, o premio foi outorgado ás empresas Ausama (Lamela) e Ausavil (A Estrada), relacionadas coa maquinaria agrÃcola e forestal. Segundo o padroado estas firmas convertéronse, da man dos seus propietarios, nun foco emprendedor de proxectos culturais que tiveron na lingua galega a súa canle de referencia, sendo quen de normalizar o seu uso no ámbito das relacións comerciais e industriais. Estes galardóns serán entregados nun acto aberto a todo o público na segunda semana de novembro no Teatro Principal da Estrada.