Ouvirmos presenta unha audiobiografía de Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio en viva voz

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxes, textos, música e voz combínanse na última prosta da discográfica Ouvirmos. Celso Emilio Ferreiro protagoniza un lanzamento no que se poden ver fotografías do álbum familiar do poeta, ademais dunha breve biografía e dous CDs, un coa voz de Ferreiro recitando e outro que recolle cancións de diferentes autores baseados na súa obra. A obra presentarase en Pontevedra o vindeiro dezaseis de abril. A empresa presentaba ademais o pasado venres día catro o número catorce da súa colección "A Tiracolo", no que se poden ouvir as primeira gravacións do coro Cántigas da Terra, realizadas entre 1921 e 1928.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Celso Emilio por si mesmo

O Consello da Cultura dispoñibiliza unha gravación na que o poeta fala polo miúdo da súa vida

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, CDs, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares