Hoxe comezou na Casa de Cultura de O Carballiño o XII Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Durante tres intensos dÃas, os participantes escoitarán conferencias vinculadas ao patrimonio cultural e á historia das terras do Carballiño e do Ribeiro, acompañadas de visitas a diferentes sitios de patrimonio cultural, como o Museo Liste de Oseira, a fábrica do papel da Lavandeira ou Museo Etnográfico do Arenteiro. O congreso inclúe tamén a proxección de diversos audiovisuais, con documentais e curtas sobre o territorio e a súa memoria. En concreto, na xornada de tarde, realizarase unha sesión monográfica dedicada ao director de cine José Luis Cuerda, cunha conferencia de Carlos RodrÃguez Calvo e a proxección da curtametraxe rodada polo realizador en Cabanelas Primer amor. Outras conferencias percorrerán o pasado da comarca desde a Idade do Ferro ata a época contemporánea.