Carballiño acolle o VIII Congreso do Home e o Medio

Son tres días de investigación ao redor da comarca do Carballiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O centro de estudos Chamoso Lamas puxo en marcha onte o VIII Congreso do Home e do Medio, centrado na investigación e reflexión en tempos de crise. O congreso contará con numerosas intervencións de investigadores locais ao redor do patrimonio local e a historia das comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Ata o 19 de maio. Desde relatorios sobre arte prerrománico, lagares rupestres, arte prehistórica ou os dereitos feudais, ata intervencións sobre os procesos de industrialización da comarca ou mesmo sobre a presenza do cantante de Pink Floyd Syd Barrett no mosteiro de Oseira encherán as propostas deste congreso que se celebrará ata mañá no Hotel Arenteiro do Carballiño.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballiño, Oseira

Claves