LalÃn acollerá a celebración do Congreso de ArqueoloxÃa do Deza, unha iniciativa do concello de LalÃn e Cado ArqueoloxÃa para poñer en valor diferentes intervencións arqueolóxicas na comarca. O congreso busca responder, segundo o seu coordinador, o arqueólogo VÃtor M. GarcÃa, á "corrente de interese crecente no ámbito do patrimonio, a historia e sobre todo a arqueoloxÃa", explicando os achados nas numerosas intervencións que están a ser realizadas na comarca nos últimos anos. Xunto con actividades para público infantil celebradas os dÃas anteriores, o congreso iniciarase o dÃa 22 de marzo, cunha conferencia de Manuel Gago sobre a difusión e divulgación do patrimonio, a seguir con outra de Miguel Carrero Pazos sobre os usos da tecnoloxÃa LiDAR para o estudo do megalitismo galego. Trala pausa café, comezarán os relatorios ao redor da arqueoloxÃa comarcal. Xulio Carballo abordará unha visión global dos xacementos arqueolóxicos das terras do Deza, Andrea Mouriño tratará sobre as narrativas de xénero na prehistoria, e pola tarde, Pepa Rey e Juan Naveiro amosarán as diferencias entre a cerámica autóctona e a cerámica de importación. A xornada rematará cunha barferencia a cargo de Leticia Tobalina. O vindeiro dÃa, domingo 23, Vanesa TrevÃn Pita, analizará o patrimonio arqueolóxico da parroquia de Doade e Elena Taboada explicará a intervención na capela de San Adrado, e as relacións entre a tradición oral e os restos arqueolóxicas. David Fernández Abella explicará as intervencións e interpretacións da fortaleza do monte San Paio (Merza, Vila de Cruces) e pola tarde celebrarase unha visita guiada ao castro de Doade.


