A Deputación de Pontevedra busca reubicar o centro de interpretación dos castros do Deza

A actual localización permanece pechada

26/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Centro de Interpretación dos castros e da gastronomía do Deza leva pechado desde agosto, cando concluiu o contrato da empresa adxudicataria da súa xestión, segundo informa La Voz de Galicia. A Deputación de Pontevedra confirmou a este medio que neste momento estase a proceder a reubicar deste centro, que presentaba a arqueoloxía, o patrimonio inmaterial e a gastronomía de Lalín e da comarca do Deza, tras a petición por parte do concello de Lalín deses espazos -localizados nos baixos do 'castro tecnolóxico'- para outras finalidades. CastroDeza contaba con catro salas, das que tres estaban destinadas á divulgación do patrimonio da comarca a través de proxeccións 360º e elementos interactivos.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deza, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, Lalín...