O alcalde de LalÃn, Xosé Crespo, aproveitou onte a presentación do libro Os Castros de LalÃn, do xeógrafo local Antonio Presas, para anunciar a adquisición inicial de, cando menos, dous castros do concello, o de Cotarelo e o de Don Ramiro, para a súa posta en valor dentro dun proxecto de dinamización de LalÃn a nivel turÃstico titulado: “LalÃn, confÃn dos verdes castros”. O xeito no que o concello de LalÃn adquirirá os castros será a partir de adaptar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á modificación da nova Lei do Solo, incluÃndo os 33 castros catalogados do concello por Antonio Presas no seu libro. Os donos dos castros cederÃan os terreos dos depósitos a cambio de dar aos propietarios edificabilidade noutros terreos en planos parciais de LalÃn. Segundo Crespo, de ter empregado esta vÃa desde que se aprobou o PXOM, LalÃn xa contarÃa con dez castros de propiedade pública. O alcalde tamén sinalou o interese en que a catalogación de Antonio Presas poida estenderse a toda a comarca do Deza.