As xornadas de Monterrei adiantan as novidades arqueolóxicas do concello

Celébranse este venres 22 de novembro de 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castelo de Monterrei

Castelo de Monterrei

Este venres 22 de novembro o Hospital da Trindade do castelo de Monterrei acollerán as II Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia nas Terras de Monterrei, promovidas pola Universidade de Vigo e o concello de Monterrei. As xornadas abordarán as novidades en relación á investigación e rehabilitación de diferentes sitios do patrimonio cultural do concello de Monterrei. Deste xeito, os arqueólogos Víctor R. Muñiz e Eduardo B. Nieto, por unha banda, e Yolanda Álvarez pola outra, presentarán as diferentes intervencións arqueolóxicas levadas a cabo no castelo de Monterrei desde 2021 vinculadas aos proxectos de rehabilitación do monumento. A arqueóloga Nieves Amado centrarase na estensión da vila de Monterrei a partir de novos achados. Ao tempo, tamén se falarán dos achados do complexo sitio do castelo de Lobarzán e daranse a coñecer os resultados da prospección xeofísica na Madanela. A xornada rematará coa presentación de diferentes publicacións históricas e literarias vinculadas á comarca.

Programa do evento

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Castelo, Prehistoria, Arqueoloxía...