O Parador de Monterrei múdase ao Castelo

Feijóo recoñeceu que as obras do castelo están preparando o monumento para uso hoteleiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Presidente da Xunta de Galicia confirmou onte que as obras que se estaban a efectuar no castelo de Monterrei tiñan a finalidade de albergar un negocio hoteleiro. En concreto, o Parador de Verín vaise trasladar ao castelo. Ambas as dúas instalacións están a penas a 300 metros unha da outra. Os alcaldes de Verín e Monterrei apoiaron o proxecto, se ben colectivos veciñais e asociacións culturais reclamaron o uso aberto do recinto. Feijóo dixo que o Parador garantiría o acceso público aos visitantes.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Monterrei, Asociacións, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Lugares