A localización do castelo de Monterrei acolleu un castro no século IV

A investigación arqueolóxica verificou a existencia de restos deste recinto en Verín

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A análise de restos arqueolóxicos localizados nas escavacións do Castelo de Monterrei, en Verín, permitiu comprobar a existencia previa dun castro na localización da fortaleza medieval. Segundo publicar hoxe La Región, a empresa Breogán Arqueoloxía, que realizou estes traballos, datou os fragmentos de cerámica e restos de gran atopados entre os anos 300 e 350 da nosa era.

Desde a empresa consideran que estes restos correspóndense co coñecido como Castro de Baronceli, citado pero aínda pendente de localización. As escavacións no castelo continúan en diferentes espazos do recinto como parte do ambicioso proxecto de recuperación que se está a desenvolver con cargo aos fondos Next Generation e que conta cun orzamento de 14 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Monterrei, Arqueoloxía, Breogán...

Claves

Entidades
Lugares