Tumbas, fortificacións e domus romanas: así foron os achados arqueolóxicos do ano

O Parque de Interpretación da Cultura Castrexa publica o 'top' de achados en Galicia no 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Decoracións pétreas

Decoracións pétreas

Como xa é tradicional, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de san Cibrán de Las publica a súa escolma de achados arqueolóxicos en Galicia. Do pasado 2024, o parque destacou como achado máis relevante os baixorrelevos atopados no castro de san Vicenzo (Avión), o sartego altomedieval cun depósito votivo no Preguntoiro (Pantón), a identificación hipotética dos restos do bispo Teodomiro, descubridor lendario das reliquias de Santiago, a fortificación da idade do Bronce, galaica e romana de Vilar de Barrio ou as escavacións na Pena Corneira (Leiro), onde se atoparon restos do castelo medieval canda unha necrópole romana e restos de hábitats tardoantigos ou prehistóricos. A lista continúa co proxecto de investigación do Incipit para detectar trazas arqueolóxicas e que levou á identificación de vinte novos castros na provincia da Coruña, o edificio romano de gran tamaño atopado no castro de Pereiras (Mos), o poboamento de hai máis de 5.000 anos no xacemento da Ceada das Chás/castelo de Lobarzán (Oímbra e Monterrei), os materiais romanos atopados preto da praia das Rodas, nas illas Cíes (Vigo) ou un asentamento de época sueva en san Vicente de Trigás (Mondoñedo).

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Domus, Idade do Bronce, INCIPIT...