Na acrópole do castelo de Monterrei fundouse o primero colexio da Compañía de Xesús en Galicia, aínda en vida de San Ignacio. Era un pequeno centro educativo que tamén funcionaba como seminario para a ddiócese de Ourense, e que mesmo os condes de Monterrei quixeron convertir nunha universidade. De terse feito, converteríase xa no século XVI na segunda universidade de Galicia, "un feito insólito e asombroso na Galicia do século XVI", segundo José Ramón hernández e José David Penín. Agora, o equipo de Breogán Arqueoloxía localizou parte da estrutura do colexio, situada sobre unha estrutura anterior de época medieval. Ademais, apareceron os restos dos fornos de finais do XVII.

