A fortaleza de Monterrei acollerá un complexo cultural e económico

O castelo volve a vivir

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A acrópole de Monterrei, en Ourense, é un dos máis grandes complexos militares, habitacionais e palacegos de Galicia, e ata agora se atopaba nunha difícil situación de conservación e sen unha estratexia de posta en valor. Pero o sábado, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou o Plan Director da Fortaleza, logo de que se acordara co Goberno central "a cesión e uso desta fortaleza". O obxectivo da Xunta é converter todo o recinto nun complexo turístico, cultural e económico. Deste xeito, entre outras accións, o renacentista Pazo dos Condes albergará o Museo das Fortalezas Militares de Galicia, o conxunto reitoral manterá un Centro de Intercambio Institucional Galicia-Portugal e as ruínas co Convento de San Francisco un Centro de Promoción do Viño e a Auga e cinco vivendas manterán as dependencias da Denominación de Orixe. En total, serán 16.500 metros cadrados de restauración que comezarán con primeiras actuacións este ano.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Castelo, Goberno Central, Ourense...

Claves

Entidades
Conceptos