Desbloqueado o plan de rehabilitación de Monterrei ao pasar á xestión da Xunta

O proxecto contempla a creación dun museo de fortalezas militares

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O traspaso da titularidade do castelo de Monterrei do Goberno Central á Xunta de Galicia acaba de ter o seu primeiro efecto: o desbloqueo do plan de rehabilitación. O proxecto comezará a executarse este ano e supón iniciativas como a creación dun museo de fortalezas militares que ocupará o Pazo dos Condes; a creación dun centro de intercambio institucional entre Galicia e o norte de Portugal para a investigación e difusión das relacións transfronteirizas ou a recuperación do poboado da fortaleza para usos como a vivenda, aproveitamentos turísticos e comerciais.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Castelo, Goberno Central, Xunta de Galicia...