O Castelo de Monterrei acollerá un Museo das Fortalezas

O Plan de Director contempla múltiples usos para o conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A presentación da nova edición do xogo de rol en vivo Irmandiños: A revolta serviulle a Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, para adiantar algúns contidos do Plan Director da Fortaleza de Monterrei. O xogo reunirá entre o 26 e o 28 de setembro oitocentos participantes que recrearán as revoltas irmandiñas neste castelo. Alén de acoller esta actividade, Quintana adiantou que o castelo albergará no futuro un Museo das Fortalezas ademais dun Centro Empresarial e de Promoción Económica do Viño e da Auga, vivendas e aproveitamento turísticos e comerciais. As actuacións está previsto que afecten a máis de 16.000 metros cadrados.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Monterrei

Claves

Conceptos
Lugares