Xuventude mantén o xogo de rol en vivo Os irmandiños

A iniciativa atrasarase seis meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A continuidade do xogo de rol en vivo Os irmandiños está garantida pola actual Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Así o explica o responsable deste departamento, Ovidio Rodeiro, nun comunicado que se pode ler no web da iniciativa. A necesidade de recortes orzamentarios é, segundo el, a razón do atraso de seis meses previsto para a vindeira partida do xogo, que se celebrará finalmente en primavera de 2010. Rodeiro apunta que para aquela quérese implicar as vilas de Verín, Chaves e Monterrei e contar coa mocidade portuguesa e o Eixo Atlántico.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Eixo Atlántico, Dirección Xeral de Xuventude, Monterrei...