
Segundo apunta o texto do DOG, a construción agora recoñecida "trátase dunha torre fortaleza construÃda ao redor do século XV e foi residencia do xuÃz da Terra de Camba e Rodeiro e lugar de recollida de rendas con función de tulla".
Para alén de elementos como diferentes xanelas con arcos, a declaración Considera "acreditada a súa función como representación do poder do señor de Lemos e como control do seu territorio (e por extensión do da mitra compostelá) e como lugar de recadación", ademais de apuntar a súa semellanza con outras torres similares da zona.
A torre estaba xa considerada Ben de Interese Cultural en virtude de declaracións colectivas anteriores que protexÃan todos os castelos e os elementos de arquitectura defensiva anteriores a 1849.