Padrón celebra a I Mostra de Cinema Galego Foco

Mabel Rivera recibirá o premio de honra da nova cita o vindeiro 19 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Padrón celebra a I Mostra de Cinema Galego Foco

Entre os días 17 e 19 de outubro o Concello de Padrón acolle a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO. A nova cita nace co obxectivo de "crear un espazo estable de encontro arredor do cinema galego", e entregará á actriz Mabel Rivera o I Foco de Honra "a toda unha traxectoria dedicada ao audiovisual galego".

O filme Antes de Nós de Ángeles Huerta abrirá o programa, acompañada dun coloquio co guionista Pepe Coira. Para o día 18 a actividade infantil A Caixiña de Mistos ofertará actividades para o público familiar ao longo da mañá. A proxección de A poeta analfabeta ocupará a sesión da tarde, cunha conversa coa produtora Nati Juncal. Un concerto O'Leo de Matamá fechará a xornada ás 20 horas.

Para domingo 19 de outubro o Auditorio de Padrón, acollerá ás 18 horas a proxección do documental A loita final, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, que analiza as consecuencias sociais e ambientais do proxecto industrial de ALTRI en Palas de Rei. Unha conversa co director do filme dará paso á entrega do I Foco de Honra a Mabel Rivera.

O programa complétase cunha exposición de programas de man de antigas salas de cine de Santiago de Compostela nos escaparates dos comercios da vila.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Cartografía dunha actriz

Cartografía dunha actriz

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Mabel Rivera, unha das máis reputadas profesionais das artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mabel Rivera, Padrón, Leo de Matamá...