A Comisión de Igualdade homenaxea ás artes escénicas a través de Mabel Rivera

A cita terá lugar no Consello da Cultura Galega o vindeiro 24 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
A Comisión de Igualdade homenaxea ás artes escénicas a través de Mabel Rivera

É unha das artistas de referencia do teatro e do espazo audiovisual galego. Por iso, a comisión de igualdade do Consello da Cultura Galega escolleu a figura de Mabel Rivera para homenaxear ao sector das artes escénicas. Será nunha xornada que terá lugar o vindeiro 24 de outubro na sede da institución e que permite encerrar na súa persoa o protagonismo que tivo “un grupo de mulleres dispostas a rachar coas expectativas que a sociedade galega tradicional depositaba sobre elas e dispostas, sobre todo, a seren protagonistas dos procesos artísticos dunha Galicia nova”. Dolores Vilavedra e Inma López Silva coordinan esta xornada.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Cartografía dunha actriz

Cartografía dunha actriz

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Mabel Rivera, unha das máis reputadas profesionais das artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mabel Rivera, Igualdade, Artes Escénicas, Consello da Cultura Galega...