Abanca e a Fundación Bancaja inauguran unha exposición conxunta na Coruña

Estará aberta na sede de Afundación ata o 31 de xaneiro

Estará aberta na sede de Afundación ata o 31 de xaneiro
Abanca e Bancaja expoñen de xeito conxunto as súas coleccións de arte contemporánea na mostra "Compromiso coa arte", que se inaugurou onte na Sede Afundación da Coruña, baixo o comisariado de Fernando Castro Flórez. Trátanse de 77 obras das cales 24 proceden da colección de ABANCA e 53 dos fondos da Fundación Bancaja que, segundo os organizadores, "é a primeira vez que se realiza unha mostra de arte contemporánea tan ampla fóra da Comunidade Valenciana". A exposición está organizada a partir de "grandes temáticas da arte contemporánea" e distribuída por todas as plantas do edificio. Deste xeito, na terceira planta amósase a "vitalidade das vangardas", con artistas como Pablo Picasso, juan Gris, Kandinsky ou Georges Branque. No segundo andar pódense seguir desenvolvementos da pintura abstracta, con Teixidor, Scully ou Mompó. O pop español está presente, de xeito destacado na parte valenciana da exposición, coma o Equipo Crónica, Equipo Realidad oou Juan Genovés. Outra sala está dedicada ás "ensoñacións oceáncias" con Urbano Lugrís ou Axel Hütte e na pranta baixa abórdase a evocación da natureza e o contexto urbano, con fotografías de José Manuel Ballester ou Günther Frog. A exposición pecha o 31 de xuño.