O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle do 16 de marzo ao 14 de outubro a exposición "Galicia universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación". Son 194 obras das coleccións de ABANCA e AFundación, en diferentes soportes, como pintura, escultura, fotografía ou instalacións, desde o primeiro terzo do século XÏX ata hoxe. Entre os autores destacados, atópanse Pérez Villaamil, Sotomayor, Castelao, Maside ata Jorge Barbi, Manolo Paz, Francisco Leiro, Menchu Lamas ou Antía Moure, entre outros. A exposición organiza as obras seguindo un criterio temático, no que as pezas se agrupan ao redor de cuestións como a cultura popular, a presenza da muller na arte, o compromiso social, a paisaxe, o retrato, a tradición e renovación ou os movementos da nova arte galega.