"A mostra máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega". Así presenta a Consellaría de Cultura a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación, que abre o vindeiro 16 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia. O conxunto de 192 obras de 115 autores diferentes "supón unha oportunidade única para achegarse ao proceso de construción da nosa identidade cultural e comprender a dimensión universal da arte galega", con pinturas, esculturas, fotografías e instalacións de autores como Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Fernández, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro, Arturo Souto ou Antía Moure.
A exposición, localizada no Museo Centro Gaiás poderá verse ata o vindeiro 14 de outubro e inclúe un programa de actividades e visitas guiadas e escolares.
A exposición, localizada no Museo Centro Gaiás poderá verse ata o vindeiro 14 de outubro e inclúe un programa de actividades e visitas guiadas e escolares.