O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, inicia o último trimestre do ano
cunha nova mostra de produción propia nos espazos da planta baixa. Baixo o tÃtulo
MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz, este proxecto
presenta unha revisión ou relectura actualizada da exposición A arte inexistente —
tamén comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunÃa obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Nesta ocasión as artistas das que se presentan mostras do seu traballo son : Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, MarÃa Xosé DÃaz, Dolores DÃaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, RosalÃa Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey e Mercedes Ruibal.
Desde o punto de vista estrutural, a exposición formúlase en catro ámbitos onde se procura analizar e afondar nos contextos nos que estas artistas traballaron, facendo fincapé en cuestións como o seu escaso protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artÃsticos fóra de Galicia, a chegada da democracia, e os novos escenarios culturais e formativos nos que traballan aquelas artistas cuxas traxectorias comezan a desenvolverse nos inicios do século XXI. A mostra reúne preto dun centenar de obras procedentes dun gran número de prestadores —institucións, museos, centros de arte, e coleccións particulares—, que por vez primeira se exhiben conxuntamente, ademais de documentación complementaria —nalgúns casos inédita— froito da investigación levada a cabo en arquivos e coleccións.