Afundación explora o mar nas súas coleccións nunha nova exposición virtual

O espazo expositivo recrea unha galería na ribeira do mar

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Galería de arte virtual de Afundación

Galería de arte virtual de Afundación

Mentres paseas pola exposición "O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación" escoitas o son do mar. En función da hora do día, a luz incide de maneira distinta nos cadros e esculturas. Afundación recreou dixitalmente unha galería de cristal, imaxinaria, ao carón da ribeira do mar para presentar unha escolma da colección de arte de ABANCA e Afundación. Entre os artistas seleccionados, atópanse Francisco Leiro, Pamen Pereira, Di Cavalcanti, Mario Granell, Joaquín Sorolla, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Tino Grandío e Miquel Barceló. A exposición non dispón de versión en galego.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Galería, Abanca, Pamen Pereira...