O Encontro Galego de Música Xove reúne mañá cen grupos

O IES Rosalía de Castro acolle este encontro en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Actuacións ao vivo, obradoiros, concursos e contactos profesionais entre grupos e axentes. Esta é a proposta do Encontro Galego de Música Xove que se celebra mañá sábado no Instituto Rosalía de Castro de Compostela. O evento, que pretende achegar oportunidades aos novos artistas do país, fechará con concertos de pequeno formato a cargo de Elanor, O Leo i Arremecaghona, Jane Joyd, Baldosa Amarilla e Silvia Penide. Segundo anunciou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, o encontro inicia unha liña de traballo deste departamento encol da mocidade e a música. O pasado ano celebrárase, co nome de Nsaio Xeral. I Encontro Galego de Música Emerxente, unha primeira edición deste evento no mesmo lugar.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Silvia Penide, Xuventude, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos