Unha intervención no Museo do Mar de Vigo revela unha vila romana do século I

Apareceron nun solar contiguo ás instalacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Museo do Mar de Vigo garda os restos dun castro no seu interior, dos que se conservan musealizadas dúas cabanas que aínda conservan cipos de carácter cerimonial no seu interior. Pero non son os únicos restos. As escavacións encargadas pola consellería de Cultura a finais do ano pasado nun solar contiguo ao edificio do museo permitiron localizar os restos dunha vila romana, ou unha construción desa época, que perdurou durante todo o tempo de dominio romano sobre o territorio galego e máis alá. Os materiais parten do século I e prolóngase ata o século VI. O achado é especialmente significativo porque algúns dos elementos representativos da ocupación do litoral vigués, como a vila de Toralla, é xa de época tardoantiga, ao redor do século IV d.C. Segundo Adolfo Fernández, arqueólogo do grupo GEAAT da Universidade de Vigo, apareceron dous edificios. Un deles corresponde á vila e outro é máis difícil de determinar, xa que só foi escavada un recanto da estrutura. Para Fernández, a vila romana chegou a coexistir co castro, aínda que este foi abandonado no século I d.C.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Fernández, Universidade de Vigo, Consellería de Cultura, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares