Localizan unha nova capela medieval na igrexa de Oia

Estaba situada tralo altar da igrexa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa de Oia. Foto: Xacobeo

Igrexa de Oia. Foto: Xacobeo

Unha nova estrutura de época medieval apareceu estes días no interior da igrexa de Oia, onde os arqueólogos que son parte do equipo da intervención exhumaron os muros dunha antiga capela trasaltar do tempo da fundación da igrexa, no século XII. O equipo arqueolóxico sinala que ata o momento apareceron os muros e descoñécese se preservará pavimento. Non é o único dos achados localizados durante esta intervención de restauración do edificio. Na cimentación da torre barroca, o equipo tamén localizou unha estancia abovedada que conectaba a sacristía vella coa primeira torre da igrexa. A restauración tamén está devolvendo a altura orixinal do edificio coa retirada de entullo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cova que garda unha igrexa

A cova que garda unha igrexa

A intervención en San Xoán Vello (Viveiro) revela a primeira igrexa construída no interior dunha cova de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Torre, Muros, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares