"É o único caso que coñecemos en Galicia dunha igrexa construÃda no interior dunha cova. Hai outras igrexas rupestres, pero non teñen un edificio no seu interior", afirma Rebeca Blanco-Rotea, a directora da intervención arqueolóxica no xacemento de San Xoán Vello, na parroquia de Covas (Viveiro), e membro do grupo de investigación SÃncrisis. Tras unha semana de traballos, a intervención acaba de rematar pero Blanco-Rotea xa está xestionando co concello de Viveiro a posibilidade de realizar unha nova intervención que faga unha intervención "en área", ou sexa, que escave unha boa parte da superficie do xacemento e poida determinar as súas diferentes fases.
O xacemento de San Xoán Vello atópase na parroquia de Covas, en Viveiro, e destaca polo espectacular emprazamento no que se atopa. Unha cova sobre un acantilado que cae ao mar. O acceso ao xacemento é de alto risco, co perigo de caer por ese cantil, e nestes momentos o concello ten limitado o acceso ao recinto aos investigadores. No interior desa cova é onde se atopan os restos do que a tradición popular en Covas chamaba San Xoán Vello, a antiga igrexa parroquial, logo trasladada ao seu emprazamento actual. Ata o momento, a única igrexa rupestre identificada como tal no paÃs era San Pedro de Rocas, pero o templo fora excavado na rocha, non construÃdo directamente no interior da cova desde cero, como parece ser este caso.
A intervención arqueolóxica confirmou a existencia da igrexa e unha necrópole asociada da que apareceron tres tumbas. Pero esas tumbas atópanse sobre muros de dous momentos distintos. "Pensamos que a igrexa poderÃa ter tres fases, xa que as tumbas están por debaixo dos muros, aÃnda que non sabemos a que época corresponden", afirma Rebeca Blanco, quen destaca tamén que por materiais atopados, os muros parecen corresponder á época moderna (séculos XVII e XVIII). Nos vindeiros dÃas escanearase o interior da cova para tentar determinar como foi intervida. "Vemos que hai certos mechinais que deben estar asociados coa cuberta do edificio, pero tamén hai outras cousas", sinala a arqueóloga.
O máis intrigante é como todo parece pertencer a un "complexo". Por riba da cova hai diferentes estruturas, algunha delas coñecida como o "campanario" e outras que dan conta de que, máis alá da igrexa, parecen existir algunhas construcións asociadas.
O que resulta chamativo é que a cova "ten minerais moi interesantes, e ahai augas salutÃferas. O que non sabemos é cando ese espazo decide cristianizarse", sinala Rebeca Blanco. Os arqueólogos tomaron diferentes mostras e os ósos serán analizados por un antropólogo forense na procura dun conxunto de detacións. E todo isto combinarase coa análise documental que permitirá avanzar na investigación. "Temos que documentalo todo antes de que desapareza", afirma Rebeca Blanco, alertada sobre a forte erosión deste cantil mariño.