Aparece un forno tardorromano baixo as escavacións de Igrexa Vella

Estaba baixo un antigo complexo monástico escavado en Cordeiro

4/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Os arqueólogos veñen de localizar unha elevada secuencia temporal na nova campaña de intervención en Igrexa Vella (Cordeiro, Valga), un antigo mosteiro medieval, necrópole e igrexa parroquial que agora sábese agochaba por embaixo unha instalación tardorromana. De feito, o equipo dirixido por Emilio Ramil localizou un forno tardorromano de tipo industrial construído, segundo os arqueólogos, ao redor do século IV, e que podería ter sido empregado para vidro. Os restos van ser musealizados e postos en valor con paneis.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/12/2022

Andar con pés de coiro

Localizan unha sorprendente colección de calzado medieval no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Universos

Claves