Comezan as escavacións do complexo romano de Proendos

Os arqueólogos realizarán cinco catas no xacemento de Sober

29/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Hoxe comezaron nas proximidades da igrexa parroquial de Proendos (Sober) as escavacións do que pode ser un dos máis importantes vestixios de época romana na Ribeira Sacra. En xaneiro deste ano presentáranse os espectaculares resultados dunha prospección arqueolóxica con xeorradar e gradiómetro que desvelaban que por baixo de diversas fincas da localidade estendíase toda unha traza urbana na que eran recoñecibles elementos habituais das vilas romanas, como ábsidas, zonas de pavimentos, camiños, edificios de almacenamento ou mesmo zonas termais. Agora, os arqueólogos de Tempos Arqueólogos realizarán cinco sondaxes para verificar sobre o terreo o localizado a través destas técnicas e recoñecer o estado dos restos, nunha intervención arqueolóxica contratada pola Xunta de Galicia e estimada en case 18.000 euros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, Xunta de Galicia, Tempos Arqueólogos, Ribeira Sacra