O concello de Sober (Lugo) acadou financiamento para a primeira intervención arqueolóxica no xacemento romano e altomedieval de Proendos. En xaneiro deste ano os arqueólogos anunciaran os resultados da primeira campaña realizada no sitio, con técnicas non intrusivas. A través do uso de xeorradares e gradiómetro, os técnicos localizaron no subsolo toda unha serie de anomalÃas que interpretaran como un "gran edificio de tres mil metros cadrados con construcións asociadas e evidencias de baños no seu interior", xunto con outras estruturas, como edificios de almacenamento, necrópoles, conducións de agua ou mesmo almacéns de gran. Agora, a consellerÃa de Cultura vai financiar con 20.000 euros a realización de cinco catas en Proendos que permitirán verificar no terreo os datos ofrecidos polo xeorradar. Entre os lugares nos que se intervirá será no gran edificio de 3.000 metros cadrados, na zona dun posible mosaico, e na zona do posible horrea, un almacén de gran.