A semana rematou unha nova campaña de escavación no xacemento romano Proendos (Sober, Lugo), onde desde hai varios anos se exhuma un edificio de almacenamento de gran de grandes dimensións do século I d.C., coñecidos como horrea e precedentes dos hórreos actuais. A campaña deste ano, limitada a cincuenta metros cadrados, permitiu localizar edificacións adicionais nas proximidades do graneiro, xa indicadas na ampla prospección con xeorradar que en 2020 permitiron ter unha primeira visión do gran complexo romano que alà existiu e que se conservaba na memoria da aldea, e posiblemente moi vinculado á explotación agrÃcola do territorio. Segundo o director da intervención, Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos) trátase de dependencias moi posiblemente contemporáneas do propio hórreo, ao redor do século I, nas que apareceron numerosos fragmentos de pezas procedentes do centro oleiro de Tricio (A Rioxa), importante subministrador de cerámica na Hispania romana. Porén, os arqueólogos pensan que aÃnda non chegaron ás áreas nobres do complexo. As cinco estancias corresponderÃanse con dependencias usadas polos traballadores da facendo agrÃcola. A intervención estivo financiada pola Xunta de Galicia e o concello de Sober.