Recuperan un antigo neveiro do mosteiro de Xunqueira de Espadañedo

A estrutura ten orixes no século XVII

10/7/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Xunqueira de Espadañedo (Ourense) está a poñer en valor un neveiro con orixes no século XVII vinculado ao mosteiro de Xunqueira de Espadañedo e que estaba arrendado ao Cabildo da Catedral de Ourense. Esta construción etnográfica de gran envergadura permitía a preservación da neve durante os meses cálidos do ano. Cunha subvención da Axencia Galega de Turismo, un equipo arqueolóxico de A Citania, baixo a dirección de Luis Cordeiro, exhumou unha gran estrutura que xa está á vista e ultima a súa posta en valor. Para Cordeiro, o neveiro é un dos de "maiores dimensións de Galicia". O equipo baleirou o interior do neveiro e os materiais que se derrubaran, e localizando as entradas e as escaleiras que tiña a edificación, que inicialmente estaba teitada con tella. O neveiro é un dos que mantiña o mosteiro nas montañas próximas. Entre os intereses destas construcións etnográficas atópase o seren testemuñas dos cambios climáticos de Galicia, ao sinalar a existencia de peores condicións climáticas durante o Antigo Réxime, no que se coñece como a 'pequena Idade do Xeo'.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunqueira, Ourense, Catedral, Turismo...