A Torre de Meira volve a se erguer (un pouco)

Os arqueólogos restauran cos materiais orixinais o castelo derrubado por Pedro Madruga

29/4/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
34 lecturas | Compartido 0 veces

A Torre de Meira. Foto: Árbore Arqueoloxía

A Torre de Meira (Moaña) viviu dúas destrucións no século XV. A primeira, protagonizada polos irmandiños, que botaron abaixo. A segunda, por Pedro Madruga, cando estaba na man do seu rival Gregorio de Valadares. Ubicada no fondo do concello, a torre dispoña dunhas vistas amplas sobre a ría de Vigo e a contorna agraria que lle daban un gran valor estratéxico. Agora, un equipo de Árbore Arqueoloxía está a recuperar a antiga torre e as distintas estancias e estruturas defensivas anexas, por iniciativa do concello de Moaña. Os traballos xa permiten advertir a estrutura da torre medieval, así como un patio de armas, parte da muralla e un torreón defensivo. Un dos aspectos máis chamativos, segundo os arqueólogos, é a localización de máis de 50 perpiaños que permitirán reconstruír e levantar a torre por riba da súa altura actual empregando os materiais orixinais. O equipo tamén localizou as trazas dun incendio que podería estar asociado a algún dos episodios conflitivos sufridos pola fortificación no século XV.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades