Apróbase a rehabilitación da Torre do Reloxo da catedral de Santiago

O orzamento é de 1.705.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Torre do Reloxo da catedral de Santiago. Fonte: Lancastermerrin88 / Wikipedia

Torre do Reloxo da catedral de Santiago. Fonte: Lancastermerrin88 / Wikipedia

A Torre do Reloxo da catedral de Santiago será obxecto dunha rehabilitación integral, tanto interior como exterior. O concello de Santiago concedeu onte licenza ao Arcebispado para unha profunda intervención orzamentada en 1.705.504,96 euros. O proxecto, redactado polos arquitectos Óscar e Iván Andrés Quintela, inclúe a restauración da fábrica pétrea e das súas pinturas, a carpintería, que sostén as campás, e unha profunda intervención no famoso reloxo fabricado por Andrés Antelo a principios do século XIX, restaurando carpinterías da súa caixa e da maquinaria.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Torre, Catedral de Santiago, Concello de Santiago

Claves

Conceptos