A Catedral de Santiago entra nunha nova fase de rehabilitación

Comezan as obras na Torre do Reloxo e abren ás visitas os andamios do Pórtico da Gloria

11/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A impermeabilización de terrazas e mais a limpeza da parte norte da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, coñecida como Berenguela, serán as vindeiras accións de mellora no templo compostelán. A Consellaría de Cultura anunciaba onte a concecións de 68.000 euros para abordar uns traballos que comezarán o vineiro mes de abril e está previsto que se desenvolvan ata agosto.

De xeito paralelo, no outro extremo do edificio, o Pórtico da Gloria será de novo accesible logo de catro anos cuberto por andamios. O vindeiro 15 de marzo comezarán as visitas guiadas que lles permitirán aos visitantes observar de preto este conxunto escultórico aproveitando a propia estrutura que se está a empregar na súa rehabilitación. As visitas faranse en grupos de pequeno tamaño e terán un aforo limitado.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Torre, Pórtico da Gloria