Cultura inviste un millón de euros na Catedral de Santiago no seu VIII centenario

Cubertas, torres e a fachada da acibecharía serán os principais bens afectados

25/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, repasou onte os investimentos que o seu departamento ten previstos na Catedral de Santiago de cara ao vindeiro ano. A coincidir coa celebración do seu VIII centenario, o templo verá obras de recuperación e restauración por un valor de 1.015.160 euros. Para alén das xa anunciadas actuacións na torre do reloxo e mais nas torres e cubertas pétreas, Varela lembrou os traballos previstos na fachada da Acibecharía, con intervencións en diferentes pezas escultóricas. Do mesmo xeito, de cara ao vindeiro ano continuarán as obras de recuperación do Pórtico da Gloria.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Catedral, Catedral de Santiago, Roberto Varela...