Hai máis dun ano que a Fundación Catedral de Santiago agarda para iniciar as obras das torres principais do edificio, as que mirar cara a praza do Obradoiro. Son obras de urxencia, cuantificadas en preto de dous millóns de euros e que teñen unha duración estimada de 21 meses, segundo publica hoxe La Voz de Galicia e de 18 segundo valoraba o responsable da Fundación hai un ano. As medidas pretende atallar as humidades que se filtran ata o Pórtico da Gloria, agravado pola falta de conservación e o clima húmido de Santiago. As obras arrincarán este mes de agosto e suporá un fito na historia do templo, xa que será a primeira vez que se cubra a fachada do Obradoiro.
Non será a única catedral que se verá afectada polas obras no presente ano. Xesús Vázquez, o titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, anunciou a semana pasada que destinará máis de 470.000 euros no 2013 e 2014 para a conservación e recuperación da Catedral de San Martiño de Ourense e da Capela dos Remedios. Nunha xuntanza co bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet; na que estivo acompañado pola directora xeral do Patrimonio Cultural, MarÃa Carmen MartÃnez Insua; Xesús Vázquez informou ao Bispado que a ConsellerÃa ten previsto executar este mesmo ano, no complexo catedralicio ourensán, traballos de restauración no Pórtico do ParaÃso e mais na Capela de San Xoán.